Anteción temperá

 

 

 

Para que serve levar un cativo á gardería? Inmuniza, socializa, ensina a aprender posteriormente. O canciño vai aprender a relacionarse con normalidade cos seus conxéneres e co resto do entorno no que vai ter que convivir. A vida social dos cans non é xenética, é aprendizaxe. Nunca houbo unha casa na que un cachorro tivese problemas unha vez rematado o seu crecemento de adulto. A familia vai aprender como funcionan os cans: a súa linguaxe. E saberá de antemán o que vai acontecer nos vindeiros meses. O test de carácter de cada canciños danos as pauta para o mellor manexo posible dende o primeiro día. A atención de cedo evita problemas de conduta, e que a xente cometa erros de manexo. Nas aulas hai tempo para a aprendizaxe en obediencia, a socialización e clarexar toda dúbida que poda xurdir.
       
       

Maiores de seis meses

    Educación, bos costumes, urbanidade. Non se perseguen as bicis, nin as motos, non son túas todas as pelotas do mundo. E cando te chamo ven onda min, pero xa. Non comas as plantas nin o sofá. Non rabuñes as portar. Todos estes “non” pódense aprender en positivo. Sempre método conductivo – emocional, aquí funcionamos con caramelos e instintos ben dirixidos, de xeito natural.
       
       

Rastrexo, agílity, canicross

   

Onde metín as chaves? Onde está o móbil? Rastrexar é o mellor oficio para calquera can, e todos podemos perder unhas chaves algunha vez. No adestramento os rastrexadores axudan tamén a buscar outras cans perdidos polo parque ou polo monte. Os xogos de búsqueda e rastrexo para cans con medo, ou agresivos, son terapéuticos e unha marabilloso xeito de encauzar enerxías, asemade que tamén ideal para deportistas.

       
     

Parque Eugenio Granell (O Paxonal)

Xoves de 17  a 19 horas
Sábado de 12 a 14 horas

Santiago de Compostela

   

 

Centro veterinario Nexo (Ourense)

Mércores de 17  a 19 horas

Avda. de Zamora, 65
32005 Ourense
988 248 518

 

   

 

Hospital Veterinario Ramiro Tubio (Boiro)

Venres de 17  a 19 horas

Avda. de Barraña, 30
15930 Boiro (A Coruña)
981 842 784

 

       
       
 
 
 
So lles falta falar (CIF: G70278403) é unha asociación privada con personalidade e capacidade de obrar, sen animo de lucro e de interese social, creada ao abeiro do disposto na Lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo de 2002, e polas demais lexislacións existentes en materia de Asociacións - Santiago de Compostela - Teléfono FAX: 881 979 702 - info@sollesfaltafalar.org . © So lles falta falar. 2009. All rights reserved.